domingo, 7 de abril de 2013

Un dia de cine

E por suposto o cine tamén é cultura, certamente a produción cinematografica galega ten escasa relevancia no panorama do cine do siglo XXI pero si que temos boas peliculas ambientadas en terras galegas ou ben en relación algún personaxe galego de relevancia, fai uns meses unha directora chamada Laura Mañá en colaboración coa Televisión Española veu a presentar a sua pelicula por primeira vez mundialmente aquí en ferrol concretamente no teatro do xofre o cal coñeceredes todos. Lembro que Manolo recomendounos ir a ver esta pelicula xa que estaba ambientada en espazos de Galicia como mesmamente o castillo de San Felipe de Ferrol e trata ese famoso personaxe que da nome a nosa escola, Concepción Arenal. Pero xa falei desta noutra entrada na que explico de que trata a pelicula, pero queria recordala xa que foi unha pelicula que vin cando se estrou aquí é sorprendeume moito favorablemente. Pero temos tamén boas peliculas producidas e dirixidas por galegos, estiven buscando peliculas de Galicia e atopei esta chamada "O Apóstolo" que resulta é unha pelicula galega de animación e obtivo dos premios a banda sonora e o del publico na XXII Monstra de Lisboa, o seu director o cal pode cos soe chamada Fernando Cortizo é galego de Santiago de Compostela concretamente. Atopei un trailer da pelicula e asi a primeira vista dase un aire ao estilo de peliculas de animación Tim Burton como  "A novia cadaver" polos debuxos, que resulta bastante interesante para o meu gusto. Encontrei outra pelicula é esta non so dirixida por un galego se non co reparto da pelicula usan a lingua galega, chamada "Vilamor" dirixida por Ignacio Vilar, o parecer tamén tivo certa relevancia no panorama do cine, aquí vós deixo un enlace pra que veades un pouco do que vai a pelicula : Vilamor , o titulo da pelicula da nome a aldea na que suceden todos os acontecementos e a pelicula esta ambientada no 1976 recien rematado o franquismo. 
E para rematar co tema do cine galego teño que mencionar aínda que non é cine a famosa serie galega de "Pratos combinados" a cal tiña un gran reparto e para min dende longo foi a mellor e porque non dicilo a unica serie que chamoume a atención na televisión de Galicia, e seguro ca maíoria da xente polo menos soalles esta serie de vela algunha vez pola tele co famoso como non Miro Pereira que nos deixou tantas risas coa sua muller Valvina. 
Estas peliculas que mencionei non son nin unha cuarata parte das moitas que pertencen o cine galego, pero o problema de non ser moi coñecidas pola pouca relevancia da lingua galega ou por non ser apoiadas por grandes productoras e que non se dan a coñecer se non eu como boa amante do cine que son tería algo maís de coñecemento sobre mais de elas.
Pero sobretodo recordade que esto é cultura, e o cine é un medio moi importante de difusión da cultura e que sería importante que tiveramos moitas maís peliculas e boas series na televisión de Galicia pra poder disfrutar de algo que lle gusta a case todo o mundo como é ver peliculas e disfrutar de series na nosa lingua.

No hay comentarios:

Publicar un comentario