domingo, 7 de abril de 2013

Un dia de cine

E por suposto o cine tamén é cultura, certamente a produción cinematografica galega ten escasa relevancia no panorama do cine do siglo XXI pero si que temos boas peliculas ambientadas en terras galegas ou ben en relación algún personaxe galego de relevancia, fai uns meses unha directora chamada Laura Mañá en colaboración coa Televisión Española veu a presentar a sua pelicula por primeira vez mundialmente aquí en ferrol concretamente no teatro do xofre o cal coñeceredes todos. Lembro que Manolo recomendounos ir a ver esta pelicula xa que estaba ambientada en espazos de Galicia como mesmamente o castillo de San Felipe de Ferrol e trata ese famoso personaxe que da nome a nosa escola, Concepción Arenal. Pero xa falei desta noutra entrada na que explico de que trata a pelicula, pero queria recordala xa que foi unha pelicula que vin cando se estrou aquí é sorprendeume moito favorablemente. Pero temos tamén boas peliculas producidas e dirixidas por galegos, estiven buscando peliculas de Galicia e atopei esta chamada "O Apóstolo" que resulta é unha pelicula galega de animación e obtivo dos premios a banda sonora e o del publico na XXII Monstra de Lisboa, o seu director o cal pode cos soe chamada Fernando Cortizo é galego de Santiago de Compostela concretamente. Atopei un trailer da pelicula e asi a primeira vista dase un aire ao estilo de peliculas de animación Tim Burton como  "A novia cadaver" polos debuxos, que resulta bastante interesante para o meu gusto. Encontrei outra pelicula é esta non so dirixida por un galego se non co reparto da pelicula usan a lingua galega, chamada "Vilamor" dirixida por Ignacio Vilar, o parecer tamén tivo certa relevancia no panorama do cine, aquí vós deixo un enlace pra que veades un pouco do que vai a pelicula : Vilamor , o titulo da pelicula da nome a aldea na que suceden todos os acontecementos e a pelicula esta ambientada no 1976 recien rematado o franquismo. 
E para rematar co tema do cine galego teño que mencionar aínda que non é cine a famosa serie galega de "Pratos combinados" a cal tiña un gran reparto e para min dende longo foi a mellor e porque non dicilo a unica serie que chamoume a atención na televisión de Galicia, e seguro ca maíoria da xente polo menos soalles esta serie de vela algunha vez pola tele co famoso como non Miro Pereira que nos deixou tantas risas coa sua muller Valvina. 
Estas peliculas que mencionei non son nin unha cuarata parte das moitas que pertencen o cine galego, pero o problema de non ser moi coñecidas pola pouca relevancia da lingua galega ou por non ser apoiadas por grandes productoras e que non se dan a coñecer se non eu como boa amante do cine que son tería algo maís de coñecemento sobre mais de elas.
Pero sobretodo recordade que esto é cultura, e o cine é un medio moi importante de difusión da cultura e que sería importante que tiveramos moitas maís peliculas e boas series na televisión de Galicia pra poder disfrutar de algo que lle gusta a case todo o mundo como é ver peliculas e disfrutar de series na nosa lingua.

Galicia tamén é deportista

Supoño que tamén podemos chamar cultura o deporte, seguro que hai varios casos de deportistas galegos famosos pero os vou falar dunha deportista galega xa moi coñecida xa que foi elexida a mellor atleta española junior, esta deportista da que vós falo é Ana Peleteiro que é unha coñecida mia da Pobra do Caramiñal , que despois de moitos anos e traballo en atletismo recibiu un gran premio como é esta victoria. Aproveitando que estamos a falar da cultura e coincidindo que na semana santa estiven a falar con ela pareceume interesante facer unha pequena entrada sobre ela. 

Aquí vós deixo unhas fotografías:



Neste enlace da wikipedia podedes encontrar información sobre esta chavala que con solo  17 anos  logrou facerse un espazo cos mellores atletas do país. 

sábado, 6 de abril de 2013

O mar tamén é cultura

Cultura pode ter diferentes significados, cultura pode ser moitas cousas, a pintura, os libros, a música pode ser cultura, pero as paisaxes que temos fronte nós nestas terras galegas tamén poden ser cultura, seguro ca xente que ven a Galicia en vacacións ou que pasouse por aquí algunha vez levase moitos bos recordos e malos tamén xa que aquí librarse da choiva é cosa de ninjas pero o que seguro todos recordan algunha fermosa praia de por aquí e se non o fan estan tolos, porque a min estas costas enamoranme!



Galicia no panorama literario

Imos falar da cultura literaria da nosa terra que é moi relevante no panorama literario sobretodo en epocas anteriores onde os escritores galelos revelaronse e protestaron contra as inxustizas da época a través da súa escritura. Se escoitamos o nome de Rosalía de Castro todos saberíamos dicir algunha cousa de ela xa que todos a estudamos en lingua galega e saberiamos dicir algun poema que escribiu ou algo da súa vida persoal xa que esta poeta é unha figura literaria moi relevante a nivel galego e tamén na literatura castelá xa que tamén publiou obras en castelán e as maís relevantes que son en galego son famosas en todo o panorama literario del siglo XIX. Como xa dixemos as súas obras mais importantes estan escritas en lingua galega que era a lingua propia da poeta, estas obras serán: Cantares Gallegos e Follas Novas. "Cantares Gallegos" é a obra iniciadora do rexurdimento pleno e nela evoca temas costumbristas, temas como a emigración, trata o tema de Galicia como terra condeada, tamén tratara temas amoros e de ton intimista, con " Follas Novas" a poeta ten unha intención social que manifestase na denuncia que fai hacia a marxinación das mulleres, en menor medida dos nenos huérfanos e os campesiños. Outro libro de poemas moi relevante de Rosalía é "En orillas del sar" este está escrito en lingua castelá.


Pero ademais de esta famosa autora, temos a outros moitos autores galegos que tiveron moita relevancia como por exemplo, Castelao que seguro todos vós coñecedes alguna obra de este autor, os titulos maís populares son "Un ollo de vidro" , "Cousas", "Retrincos" e "Os dous de sempre". Castelao escribira durante o primeiro terzo do século XX e será un dos participantes do famoso Grupo Nós, grupo de autores que rexeitaban o modelo da sociedade, son intelectuais e pertencen a aristocracia, eran uns inadaptados, a maban as ciencias ocultas, as relixións e culturas orientais; Galicia era o seu núcleo do seu quefacer intelectual e político. 
E temos outros moitos autores relevantes galegos como Luís Pimentel que escribiu poesía antes da guerra civil pero as suas obras foron publicadas na posguerra.
Galicia ten unha cultura literaria esplendida grazas a autores como estes e outros moitos maís que nos deixaron pezas realmente autenticas e fermosas.