sábado, 6 de abril de 2013

Galicia no panorama literario

Imos falar da cultura literaria da nosa terra que é moi relevante no panorama literario sobretodo en epocas anteriores onde os escritores galelos revelaronse e protestaron contra as inxustizas da época a través da súa escritura. Se escoitamos o nome de Rosalía de Castro todos saberíamos dicir algunha cousa de ela xa que todos a estudamos en lingua galega e saberiamos dicir algun poema que escribiu ou algo da súa vida persoal xa que esta poeta é unha figura literaria moi relevante a nivel galego e tamén na literatura castelá xa que tamén publiou obras en castelán e as maís relevantes que son en galego son famosas en todo o panorama literario del siglo XIX. Como xa dixemos as súas obras mais importantes estan escritas en lingua galega que era a lingua propia da poeta, estas obras serán: Cantares Gallegos e Follas Novas. "Cantares Gallegos" é a obra iniciadora do rexurdimento pleno e nela evoca temas costumbristas, temas como a emigración, trata o tema de Galicia como terra condeada, tamén tratara temas amoros e de ton intimista, con " Follas Novas" a poeta ten unha intención social que manifestase na denuncia que fai hacia a marxinación das mulleres, en menor medida dos nenos huérfanos e os campesiños. Outro libro de poemas moi relevante de Rosalía é "En orillas del sar" este está escrito en lingua castelá.


Pero ademais de esta famosa autora, temos a outros moitos autores galegos que tiveron moita relevancia como por exemplo, Castelao que seguro todos vós coñecedes alguna obra de este autor, os titulos maís populares son "Un ollo de vidro" , "Cousas", "Retrincos" e "Os dous de sempre". Castelao escribira durante o primeiro terzo do século XX e será un dos participantes do famoso Grupo Nós, grupo de autores que rexeitaban o modelo da sociedade, son intelectuais e pertencen a aristocracia, eran uns inadaptados, a maban as ciencias ocultas, as relixións e culturas orientais; Galicia era o seu núcleo do seu quefacer intelectual e político. 
E temos outros moitos autores relevantes galegos como Luís Pimentel que escribiu poesía antes da guerra civil pero as suas obras foron publicadas na posguerra.
Galicia ten unha cultura literaria esplendida grazas a autores como estes e outros moitos maís que nos deixaron pezas realmente autenticas e fermosas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario