miércoles, 30 de enero de 2013

Escoito música logo penso

E por ultimo e non por iso menos importante o meu tema preferido, a música! A musica que é capaz de transimitir todas as sensacións que existen.. e como non falando deste tema de reveldía e loita social e un gran medio de loita hoxe en dia, existen diferentes tipos de loita. pero todos buscan o mesmo.. unha repercusión social, ca xente escoite a súa música e sintase identificado con esta, que vea a realidade da sociedade actual, estou segura de que se escoitades algunha destas cancións estaredes de acordo en gran parte nas letras que esconden estas cancións.
Creo que falando de cancións que pretenden transmitir un cambio na sociedade.. temos que nombrar a famosa cancion de Jonh Lennon " Imagine" por ahi dos 60 e que impulsaba a un futuro dun mundo mellor, a unha serie de cambios..
Pero na música actual de hoxe en dia creo que sen duda un grupo moi destacado de loita social a traves da sua música é Ska-p seguro coñecido por moitos de vós, estes teñen unha canción moi coñecida chamada "El vals del obrero" que fala sobre a clase obreira, o proletariado! Pero estes teñen outras moitas cancións quizais non tan coñecidas pero que realmente creo que esocitalas levache a pensar sobre o que esta pasando no mundo, aquí vous deixo uns enlaces para que escoiteis:
Ska-p
Ska-p
Ska-p

Outra canción de ska-p que fala sobre a sociedade española e fai un canto a liberdade é Ska-p
Tamén outro grupo moi coñecido como é Mago de Oz ten cancións de loita social que falan sobre a liberdade como é a famosa "Fiesta Pagana"

Por outro bando neste tema esta moi implicado o rap.. Neste campo temos a Nach que ten cancións como "Esclavos del destino" ou "Manifiesto" que falan de como a sociedade nos quere combertir en algo que realmente nos somos; falando de rap eu mencionaría tamén a Ivan Nieto que ten algúns temas sobre a hipogresía social Ivan Nieto

Creo que estos e moitos outros grupos que tamen abordan estos temas axudanos a pensar sobre a que esta caendo, o que esta pasando o noso arrededor pode que moitos xovenes non vexan as noticias todos os dias, ou non escoiten a radio ou lean a prensa pero o que case seguro todos facemos e escoitar música, cancións como estas poden axudarnos a abrir os ollos, e se a música que escoitamos ben acompañada dunha boa dosis de revolución que me sirvan dous pratos!



Te falo de igual a igual

Presentación en prezi

Unha longa noite de pedra

Seguro que de estudar no instituto lingua galega nos soa a todos Celso Emilio Ferreiro, que contribuiu en periodicos e revistas en defensa da lingua galega e defendendo as suas ideas, este foi un loitador da sua época a traves da literatura en galego, moi famoso é o seu poemario de "Unha longa noite de pedra" publicado no ano 1962 .
En este poemario aborda un tema moi importante que ocurria na época, o racismo e a desigualdade social, e que tamén hoxe en dia esta presente no noso dia..é verdade ca situación cambiou favorablemente pero aínda  hoxe podemos encontrarnos noticias sobre racismo se lle votamos unha ollada a prensa ou vemos as noticias na televisión.
Neste video de a continuación podemos escoitar un poema do poemario "Unha longa noite de pedra" titulado "irmáns"

Neste poema Celso Emilio Ferreiro quere levar a pensar as xentes a que todos somos iguais..da igual o cor,a raza,as distancias o importante e que todos somos persoas.. pero todos choramos,rimos,temos soños..e compartimos a noite..en definición que todos de algunha maneira somos irmáns.

A verdade que gustoume moito a letra deste poema e neste video onde a letra é cantada pareceume bastante emotivo..E creo que é un poema que invitanos a refexionar sobre a loita sobre temas dificiles e duros como este e como grazas a xente como Celso Emilio Ferreiro e outros moitos axudaron mediante a sua escritura ou voz a cambiar as cousas..e creo que tamén deberiamos de recordar que aínda quedanos moito por loitar nesta batalla que é a vida para seguir eliminando inxustizas e desigualdades socias.. asi como fixeron os nosos anteriores, se queremos que no futuro as cousas esten mellor, pero na miña opinión xa non vive en nós esa motivación a loitar polas inxustizas..e que as situacións son moi diferentes..nos non vivimos en época de guerras na nosa situación xeografica, e pode que dende que eramos pequenos nos deran todo moi facíl e non estemos acostumados a ter que alzar a voz e loitar por moitas das inxustizas ca pesar do fruto que derón moitas loitas seguen pervivindo no noso mundo do século XXI.

Se queredes saber maís sobre este poeta galego mirade este paxina que ten moitisima información: http://celsoemilioferreiro.org/album-1950-1966-2/?lang=es

"A visitadora de cárceles"

Se falamos da reveldía e a loita social da sociedade no século XIX sen duda algunha temos que mencionar a Concepción Arenal, esta muller coñecida pola maioría de nós xa co noso instituto recibe o mesmo nome que esta muller..e é precisamente por esta..seguro que maís ou menos todos os coñecedes a historia de Concepción pero vamos a contar ben a historia...
Moi probablemente influiu na ideoloxia de Concepción o seu pai, xa que este Angel Arenal tamén foi de caracter liberal e este na década ominiosa de Fernando VII foi reprimido e encarcelado numerosas veces polas suas ideoloxias de caracter liberal..e probablemente esta reperesión contra o seu pai alentou maís a sua necesidade de loita polas suas ideas. Concepción Arenal comenzou escribindo na primeira prensa de caracter liberal, claro esta despois da morte de Fernando VII; aínda cos seus escritos maís importantes nesta prensa levaban o pseudonimo do seu marido, fallecido recentemente, esta o utilizaba polo rechazo da poboación dunha obra literaria escrita por unha muller..menos mal que esta era a prensa liberal...
Pero seguro que moitos de vós coñecedes a Concepcion por colarse nas clases de dereito dunha universidade como se fora un home..xa que nesa época as mulleres tiñan prohibido o acceso as universidades. Esta muller loitou polos dereitos sociales e pola discriminación da muller en moitas ocasións e como podemos ver na súa obra narrativa; pero hoxe vamos a falar da importante labor que levou a cabo Concepción como visitadora de cárceres...xa que esta traballou como visitadora de cárceres na prisión de mulleres da A Coruña, o que tras un longo traballo nesta prisión e moita loita e desgaste persoal daría froito a algunhas das suas obras clave, este traballo que levou a cabo na prisión o podemos ver moi claramente na pelicula rodada pola televisión española "La visitadora de cárceles" que nos permite ver o traballo de Concepción e o moi volcada que estaba nos dereitos dos presos nas carceles, tamén participa nesta loita Juana de Vega, da que tamén poderiamos falar xa que foi unha muller moi loitadora do seu tempo; esta pelicula mostranos como se atopaban os presos das cárceres, neste caso da prisión de mulleres..e a verdade e que é unha visión moi dura e impactante.. ver os castigos que lles poñian, o desprezadas que eran..Concepción pretendía cambiar esta situación e pouco a pouco podemos ver nesta pelicula como foi conseguindo pequenas melloras nas cárceles..Concepción pensaba que os presos comentian delitos porque non estaban realmente informados das leis..e creía que era unha barbaridade encerrar a unha muller que robaba para darlle de comer os seus fillos.. Na pelicula podemos ver como esta totalemente volcada coas presas, como intenta falar e acercarse sentimentalmente a elas, intenta comprendelas e apoialas e finalmente o consigue tras moito traballo na prisión, tamén vemos como esta vai falar en numerosas ocasións co director da cárcel.. e aínda que este e duro de pelar Concepción vai conseguindo pouco a pouco que as presas tiñan unha vida un pouco maís agradable en prisión.
A verdade que cando a vin no estreno do Xofre en Ferrol impresionoume moito e para ben..tanto a nivel cinematografico, como a historia.. xa que coñecia por enriba a historia de Concepción pero ver esta pelicula fixo que vera todo o que loitou polos dereitos dos presos.. e realmente é unha pelicula que te chega a emocionar..o final cando Concepción non pode volver a cárcel pero ve que realemnte cambio as cousas..e ten momentos realemnte duros e emotivos..unha frase moi famosa de Concepción e que cita en esta pelicula é "odia el delito,compadecete del delincuente" a min me fixo pensar..e espero que tamén os faga pensar a vós. Só me queda añadir que esta historia ten un final feliz xa que despois de tanto traballo e loita de Concepción para mellorar as condicións de vida dos presos comenzara a reforma das institucións penintenciarias, é moi importante a sua obra chamada "Cartas aos delincuentes" en relacion a este tema xa que esta obra serviu anos maís tarde de base para a reforma do sistema penitenciario de España.
Para rematar vos recomendo que veades vós mesmos a pelicula, de seguro vos gusta!!