miércoles, 30 de enero de 2013

Unha longa noite de pedra

Seguro que de estudar no instituto lingua galega nos soa a todos Celso Emilio Ferreiro, que contribuiu en periodicos e revistas en defensa da lingua galega e defendendo as suas ideas, este foi un loitador da sua época a traves da literatura en galego, moi famoso é o seu poemario de "Unha longa noite de pedra" publicado no ano 1962 .
En este poemario aborda un tema moi importante que ocurria na época, o racismo e a desigualdade social, e que tamén hoxe en dia esta presente no noso dia..é verdade ca situación cambiou favorablemente pero aínda  hoxe podemos encontrarnos noticias sobre racismo se lle votamos unha ollada a prensa ou vemos as noticias na televisión.
Neste video de a continuación podemos escoitar un poema do poemario "Unha longa noite de pedra" titulado "irmáns"

Neste poema Celso Emilio Ferreiro quere levar a pensar as xentes a que todos somos iguais..da igual o cor,a raza,as distancias o importante e que todos somos persoas.. pero todos choramos,rimos,temos soños..e compartimos a noite..en definición que todos de algunha maneira somos irmáns.

A verdade que gustoume moito a letra deste poema e neste video onde a letra é cantada pareceume bastante emotivo..E creo que é un poema que invitanos a refexionar sobre a loita sobre temas dificiles e duros como este e como grazas a xente como Celso Emilio Ferreiro e outros moitos axudaron mediante a sua escritura ou voz a cambiar as cousas..e creo que tamén deberiamos de recordar que aínda quedanos moito por loitar nesta batalla que é a vida para seguir eliminando inxustizas e desigualdades socias.. asi como fixeron os nosos anteriores, se queremos que no futuro as cousas esten mellor, pero na miña opinión xa non vive en nós esa motivación a loitar polas inxustizas..e que as situacións son moi diferentes..nos non vivimos en época de guerras na nosa situación xeografica, e pode que dende que eramos pequenos nos deran todo moi facíl e non estemos acostumados a ter que alzar a voz e loitar por moitas das inxustizas ca pesar do fruto que derón moitas loitas seguen pervivindo no noso mundo do século XXI.

Se queredes saber maís sobre este poeta galego mirade este paxina que ten moitisima información: http://celsoemilioferreiro.org/album-1950-1966-2/?lang=es

No hay comentarios:

Publicar un comentario