miércoles, 30 de enero de 2013

"A visitadora de cárceles"

Se falamos da reveldía e a loita social da sociedade no século XIX sen duda algunha temos que mencionar a Concepción Arenal, esta muller coñecida pola maioría de nós xa co noso instituto recibe o mesmo nome que esta muller..e é precisamente por esta..seguro que maís ou menos todos os coñecedes a historia de Concepción pero vamos a contar ben a historia...
Moi probablemente influiu na ideoloxia de Concepción o seu pai, xa que este Angel Arenal tamén foi de caracter liberal e este na década ominiosa de Fernando VII foi reprimido e encarcelado numerosas veces polas suas ideoloxias de caracter liberal..e probablemente esta reperesión contra o seu pai alentou maís a sua necesidade de loita polas suas ideas. Concepción Arenal comenzou escribindo na primeira prensa de caracter liberal, claro esta despois da morte de Fernando VII; aínda cos seus escritos maís importantes nesta prensa levaban o pseudonimo do seu marido, fallecido recentemente, esta o utilizaba polo rechazo da poboación dunha obra literaria escrita por unha muller..menos mal que esta era a prensa liberal...
Pero seguro que moitos de vós coñecedes a Concepcion por colarse nas clases de dereito dunha universidade como se fora un home..xa que nesa época as mulleres tiñan prohibido o acceso as universidades. Esta muller loitou polos dereitos sociales e pola discriminación da muller en moitas ocasións e como podemos ver na súa obra narrativa; pero hoxe vamos a falar da importante labor que levou a cabo Concepción como visitadora de cárceres...xa que esta traballou como visitadora de cárceres na prisión de mulleres da A Coruña, o que tras un longo traballo nesta prisión e moita loita e desgaste persoal daría froito a algunhas das suas obras clave, este traballo que levou a cabo na prisión o podemos ver moi claramente na pelicula rodada pola televisión española "La visitadora de cárceles" que nos permite ver o traballo de Concepción e o moi volcada que estaba nos dereitos dos presos nas carceles, tamén participa nesta loita Juana de Vega, da que tamén poderiamos falar xa que foi unha muller moi loitadora do seu tempo; esta pelicula mostranos como se atopaban os presos das cárceres, neste caso da prisión de mulleres..e a verdade e que é unha visión moi dura e impactante.. ver os castigos que lles poñian, o desprezadas que eran..Concepción pretendía cambiar esta situación e pouco a pouco podemos ver nesta pelicula como foi conseguindo pequenas melloras nas cárceles..Concepción pensaba que os presos comentian delitos porque non estaban realmente informados das leis..e creía que era unha barbaridade encerrar a unha muller que robaba para darlle de comer os seus fillos.. Na pelicula podemos ver como esta totalemente volcada coas presas, como intenta falar e acercarse sentimentalmente a elas, intenta comprendelas e apoialas e finalmente o consigue tras moito traballo na prisión, tamén vemos como esta vai falar en numerosas ocasións co director da cárcel.. e aínda que este e duro de pelar Concepción vai conseguindo pouco a pouco que as presas tiñan unha vida un pouco maís agradable en prisión.
A verdade que cando a vin no estreno do Xofre en Ferrol impresionoume moito e para ben..tanto a nivel cinematografico, como a historia.. xa que coñecia por enriba a historia de Concepción pero ver esta pelicula fixo que vera todo o que loitou polos dereitos dos presos.. e realmente é unha pelicula que te chega a emocionar..o final cando Concepción non pode volver a cárcel pero ve que realemnte cambio as cousas..e ten momentos realemnte duros e emotivos..unha frase moi famosa de Concepción e que cita en esta pelicula é "odia el delito,compadecete del delincuente" a min me fixo pensar..e espero que tamén os faga pensar a vós. Só me queda añadir que esta historia ten un final feliz xa que despois de tanto traballo e loita de Concepción para mellorar as condicións de vida dos presos comenzara a reforma das institucións penintenciarias, é moi importante a sua obra chamada "Cartas aos delincuentes" en relacion a este tema xa que esta obra serviu anos maís tarde de base para a reforma do sistema penitenciario de España.
Para rematar vos recomendo que veades vós mesmos a pelicula, de seguro vos gusta!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario